A catedrática da USC María José Alonso, premiada pola revista Muy Interesante no seu trinta aniversario
A catedrática de Tecnoloxía Farmacéutica da USC María José Alonso recibe este luns no Museo ABC de Madrid un dos tres premios que a revista Muy Interesante outorga no seu 30 Aniversario. Alonso comparte esta homenaxe co bioquímico e oncólogo Mariano Barbacid e co paleontólogo Juan Luis Arsuaga. No acto, que estará presentado pola xornalista Mónica Carrillo coa colaboración de Eduard Punset, entregaranse ademais os Premios Innovación Muy Interesante nas súas doce categorías e que recaeron en Toyota Auris Híbrido / Toyota (Automoción); Reloj Seiko E-Ink / Seiko (Complementos); Bio-Performance Super Corrective Serum / Shiseido (Cosmética); Navibot / Samsung (Electrónica Doméstica); 225PL2ES PowerSensor con Led / Philips (Imaxe e son); Sopalista / Gallina Blanca (Nutrición e Dietética); Pavimentos de Tudela / EcoGranic (Medio Ambiente); MimioTeach Dymo / Mimio (Informática); Samsung Galaxy Tab / Samsung (Telecomunicacións); Videojuegos en el Instituto / Electronic Arts (Ocio e Entretemento); Revidox / Revidox (Saúde) e Etip Glove e The North Face (Téxtil e Vestimenta).