Ir o contido principal

A catedrática da USC Maria José Alonso, premio Wonenburguer 2013

A catedrática da USC Maria José Alonso, premio Wonenburguer 2013
A catedrática da USC Maria José Alonso, premio Wonenburguer 2013

A Unidade de Muller e Ciencia acordou esta semana conceder o premio Wonenburguer 2013 á catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da Universidade de Santiago, María José Alonso. O galardón recoñece as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos das ciencias e da tecnoloxía. A profesora da USC, pioneira na investigación en nanotecnoloxía, dirixiu e coordinou medio cento de proxectos en colaboración, entre outras, coa OTAN, a OMS, a Comisión Europea e a Fundación Bill Gates. Premio Jaume I de Investigación en 2011, María José Alonso foi tamén asesora científica del Ministerio de Ciencia e Innovación e membro das Reais Academias de Farmacia de Galicia e España. A Unidade de Muller e Ciencia creouse en 2007 co obxecto de incrementar a presenza da muller nos ámbitos científico e tecnolóxico de Galicia e situar nun primeiro plano a perspectiva de xénero nese eido. En anteriores edicións foron distinguidas co premio Wonenburger Inmaculada Paz Andrade, Teresa Miras Portugal, María Soledad Soengas, Carmen Navarro, Ofelia Rey e Tarsy Carballas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.09.2013.