Ir o contido principal

O catedrático Ángel Carracedo inaugurou o curso da Universidade de Cantabria

O catedrático de Medicina Legal da USC, Ángel Carracedo, foi este xoves o encargado de pronunciar a lección inaugural do curso académico na Universidade de Cantabria. Na cerimonia o profesor Carracedo, que foi presentado polo vicerreitor de Investigación e Transferencia do Coñecemento da institución cántabra, Ángel Pazos, disertou sobre a revolución xenómica e o seu impacto no mundo contemporáneo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.09.2012.