Un catedrático da Autónoma de Madrid explica na USC o papel das matemáticas na crise
O catedrático de Análise do Departamento de Matemáticas da Facultade de Ciencias da Universidade Autónoma de Madrid, José Luis Fernández, impartirá este luns, 10 de novembro, un seminario sobre a crise económica.
O curso desenvolverase ás 16:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Matemáticas baixo o título 'Giacomo Casanova e as subprime: o papel das Matemáticas na crise'.
José Luis Fernández é director de Consultaría de Riscos de I+D Tecnoloxía Información y Finanzas e socio de Analistas Financieros Internacionales (AFI).