Ir o contido principal

O catedrático Fernando Acuña Castroviejo ingresa na Real Academia Galega de Belas Artes

O catedrático de Arqueoloxía Fernando Acuña Castroviejo ingresará este sábado 30 como académico electo da Real Academia Galega de Belas Artes nun acto no Auditorio do Museo do Pobo Galego que comezará ás 12.30 horas. O seu discurso de ingreso leva por título ‘O coleccionismo en Galicia entre finais do século XIX e principios do XX: Ricardo Blanco-Ciceron e o seu legado’. Neste acto protocolario, o novo académico será contestado polo numerario da sección de Arqueoloxía e Museoloxía, Antonio Rodríguez Colmenero. Fernando Acuña Castroviejo, resultou elixido membro de número da Real Academia de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario o pasado decembro de 2012.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.11.2013.