O catedrático Lourenzo Fernández Prieto presenta este xoves o seu libro 'El apagón tecnológico del franquismo. Estado e innovación en la agricultura española del siglo XX'
O catedrático de Historia Contemporánea da USC Lourenzo Fernández Prieto presentará este xoves 27 na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia o seu último libro El apagón tecnológico del franquismo. Estado e innovación en la agricultura española del siglo XX.
Ao acto de presentación, que dará comezo ás 20:00 horas, asistirán ademais do autor os directores xerais de Desenvolvemento Rural e de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Xunta de Galicia, Edelmiro López e Salustiano Mato, respectivamente, ademais dos profesores de Historia Antiga Pedro López Barja e de Historia Contemporánea Emilio Grandío, ambos os dous da USC.
O traballo ocúpase da investigación orientada á innovación tecnolóxica na agricultura e segundo o autor os seus resultados evidencian que, con características específicas, todo o sistema sufriu durante o franquismo un proceso de deterioro semellante.