Ir o contido principal

O catedrático Luis Caramés impartirá aos seus alumnos unha clase de economía en Muxía

A iniciativa pretende ser unha homenaxe ao pobo afectado polo Prestige

O catedrático de Economía Aplicada da USC, Luis Caramés, trasladarase cos seus alumnos este venres a Muxía para impartir unha clase do curso de Federalismo Fiscal e Facenda Local que se segue na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
A iniciativa, que se desenvolverá ás 11:00 horas no Museo do Voluntariado, pretende ser unha homenaxe a un pobo afectado polo Prestige.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.12.2007.