Ir o contido principal

O catedrático Luis Caramés, novo presidente da Organización de Economistas da Educación

Luis Carmés Viéitez
Luis Carmés Viéitez

O catedrático de Facenda Pública da USC Luis Carmés Viéitez tomou posesión esta semana como presidente da Organización de Economistas da Educación (OEE), cargo no que substitúe a Salvador Marín Hernández. O acto tivo lugar no transcurso do Consello Xeral de Colexios de Economistas de España que preside Valentí Pich Rosell.
A OEE trata de dar resposta ás necesidades específicas dos profesionais que traballan nas distintas áreas educativas, de investigación e produción científica. Para iso participa con regularidade en xuntanzas con responsables do Ministerio de Educación e Ciencia, tanto de ensinanzas secundarias como de universidade, para analizar a situación dos economistas nestes sectores, achegar as súas propostas profesionais e tamén respecto das novas titulacións de grao e posgrao no novo espazo de educación superior europeo.
Luis Caramés Viéitez pertence ao Colexio de Economistas de A Coruña e dirixe o Máster de Administración Financeira e Tributaria da USC. Colaborador habitual de varios medios de comunicación especializados en economía, o profrsor Caramés foi decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da mesma Universidade e director do seu Departamento de Economía Aplicada.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.03.2008.