O catedrático do País Vasco Óscar J. Garay intervén nunha nova sesión do Seminario Vidal Abascal
O catedrático de Xeometría e Topoloxía da Universidade do País Vasco, Óscar J. Garay, participa este martes 24 nunha nova sesión do Seminario Vidal Abascal cunha conferencia sobre as ‘Curvas minimizadoras de enerxías asociadas á curvatura xeodésica’. A intervención desenvolverase a partir das 16:30 horas na Aula 0 da Facultade de Matemáticas.
Na charla o profesor Garay abordará a cuestión da existencia e clasificación de curvas minimizadoras de enerxías, analizando a relación con outros problemas variacionais usados na modelización de membranas.
Óscar J. Garay é especialista en xeometría riemanniana é autor de numerosos traballos de investigación publicados nas mellores revistas da área, como Bulletin of the London Mathematical Society, Japanese Journal of Mathematics, Pacific Journal of Mathematics ou Proceedings of the American Mathematical Society entre outras.
O seminario ‘Vidal Abascal’O seminario do Departamento de Xeometría e Topoloxía da USC cambia o seu nome en homenaxe ao profesor Enrique Vidal Abascal, partícipe fundamental na creación do citado Departamento e da Facultade de Matemáticas de Compostela, onde ocupou o cargo de director e decano, respectivamente, ademais de ser unha figura emblemática da matemática galega actual.