Ir o contido principal

O catedrático da Universidade de Oviedo José Barluenga imparte unha conferencia no CIQUS

Barluenga, doutor honoris causa por varias universidades españolas, recibiu en 2005 o Premio Jaume I de investigación

O catedrático emérito da Universidade de Oviedo José Barluenga Mus impartirá este xoves 20 a conferencia ‘Procesos selectivos promovidos por metals de transición: dos carbenos de Fisher aos metais do grupo 10’. Será ás 12.00 horas na Aula de Seminarios do Centro Singular e Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS). Barluenga, doutor honoris causa por varias universidades españolas, recibiu en 2005 o premio Jaume I de Investigación Básica, un recoñecemento que se suma a outros como o Alexander van Humboldt en 1989 (a primeira vez que se lle concedía a un investigador español, o ‘Solvay’ da CEOE, o ‘Dupont’, a Medalla de Ouro da Real Sociedade Española de Química ou o Premio Nacional de Investigación Enrique Moles.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.09.2012.