Ir o contido principal

O catedrático da Universidade de Zaragoza Alberto Elduque ofrece a conferencia inaugural do Seminario Vidal Abascal 2008-2009

O catedrático de Álxebra da Universidade de Zaragoza, Alberto Elduque, ofrece este xoves 6 na Facultade de Matemáticas a conferencia inaugural do Seminario Vidal Abascal para o presente curso. A intervención, que dará comezo ás 16:30 horas no Salón de Graos do centro, leva por título ‘Números excepcionales’.
Elduque explicará nesta sesión como duplicando o corpo dos números complexos se obteñen os cuaternións de Hamilton. Estes forman un álxebra de división real de dimensión 4 moi útil nalgúns problemas xeométricos. O catedrático explicará tamén como compoñer xiros nos espazos euclídeos de dimensións 3 e 4. Finalmente referirase aos octonións, obtidos por duplicación dos cuaternións e realizará un repaso por varias situacións excepcionais, tanto alxebraicas como xeométricas, nas que os octonións xogan un papel relevante.
O seminario ‘Vidal Abascal’O seminario toma o seu nome en homenaxe ao profesor Enrique Vidal Abascal, partícipe fundamental na creación do Departamento de Xeometría e Topoloxía e da Facultade de Matemáticas da USC, onde ocupou o cargo de director e decano, respectivamente, ademais de ser unha figura emblemática da matemática galega actual.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.11.2008.