Ir o contido principal

O catedrático da USC Ramón Maiz vén de acadar o Premio Espinosa de Filosofía Política polo seu libro 'La frontera interior'

O catedrático de Ciencia Política e da Administración da Facultade de Ciencias Políticas da USC, Ramón Maiz, vén de acadar o VI Premio Espinosa de Filosofía Política polo seu libro La Frontera Interior que se publicará ao longo deste ano.
Concedido pola Consellaría de Cultura da Comunidade de Murcia e o Departamento de Filosofía da Universidade de Murcia, o galardón premia unha obra na que aborda o lugar da Nación na teoría política da democracia e o federalismo.
Deste xeito, Ramón Maiz realiza neste estudo unha análise inicial dos principais conceptos de nación na modernidade e de nación-Estado, explicando a evolución deste último termo en Francia. Deseguido, o autor elabora unha crítica do nacionalismo cívico para, tras proceder a unha reformulación do concepto de nación dende os requirimentos normativos da democracia, postular unha noción federal deste termo e unha teoría do federalismo multinacional.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.01.2008.