Ir o contido principal

O catedrático Wenceslao González Manteiga, elixido novo membro do Institute of Mathematical Statistics

Wenceslao González Manteiga é catedrático de Estatística e Investigación Operativa
Wenceslao González Manteiga é catedrático de Estatística e Investigación Operativa

O Institute of Mathematical Statistics (IMS) acaba de elixir como novo membro ao catedrático de Estatística e Investigación Operativa da USC Wenceslao González Manteiga, unha designación reservada a investigadores de recoñecido prestixio no ámbito da estatística e a probabilidade. Este recoñecemento será entregado no Joint Statistics Meeting que se celebrará en Baltimore (EEUU) a finais do vindeiro mes de xullo e que está considerado como un dos eventos máis importantes do mundo no ámbito da estatística.

Fundado en 1935, o IMS é unha organización internacional de perfil académico e profesional dedicada á difusión e aplicación da estatística e a probabilidade, contando na actualidade con 4.500 asociados de todo o mundo. O IMS edita os Annals of Statistics e Annals of Probability, así como as súas versións de perfil máis aplicado e a revista Statistical Science, todas elas publicacións periódicas de referencia na estatística e a probabilidade.

Wenceslao González
Case duascentas publicacións, máis de vinte proxectos competitivos como investigador principal e máis de trinta teses de doutoramento dirixidas son os números que avalan candidatura do profesor González Manteiga e que foron tidos en conta polo comité do IMS para o seu ingreso como membro do instituto. Durante a súa carreira investigadora, centrada na metodoloxía estatística non paramétrica, tenlle permitido facer contribucións relevantes na estimación de curvas e conxuntos, os datos funcionais ou os modelos espaciais e espazo-temporais, con aplicacións no ámbito da economía e o medio ambiente, entre outros.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.05.2017.