Ir o contido principal

Catro estudantes do CLM da USC obteñen axudas para estudar idiomas en verán en Dinamarca e República Checa

Catro estudantes do CLM da USC obteñen axudas para estudar idiomas en verán en Dinamarca e República Checa
Catro estudantes do CLM da USC obteñen axudas para estudar idiomas en verán en Dinamarca e República Checa

Tres estudantes de danés e un de checo do Centro de Linguas Modernas da USC conseguiron cadansúa bolsa para realizar cursos de idiomas este verán en Dinamarca e a República Checa. José Ramón Rabuñal Gayo, Diego Salida Herba e Estefanía Ramos Gómez, estudantes de primeiro curso de danés na USC, obtiveron unha bolsa do ministerio dese país que lles permitirá ampliar os seus coñecementos da lingua e cultura danesas durante tres semanas no International People's College de Helsingør e no Instituto Danés da Cultura en Copenhague. Baixo o Programa de Cooperación Cultural, a Axencia Danesa de Universidades e Internacionalización do Ministerio de Axuntos Exteriores de Dinamarca convoca anualmente bolsas para cursos de verán de danés para estranxeiros así como outras de longa duración destinadas á profundización en estudos da lingua e cultura danesas ou nun área de estudo relacionada con Dinamarca. Checo en Praga Pola súa banda, Eufrasio Lucena Muñoz viaxará a Praga para mellorar o seu checo logo de estudar no CLM dous cursos de lingua e literatura durante o primeiro e segundo cuadrimestres. A bolsa do Ministerio de Educación, Xuventude e Cultura Física da República Checa cubre a residencia en establecementos universitarios en réxime de pensión completa, matrícula e excursións.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.06.2013.