Ir o contido principal

Catro medallas de prata e un subcambionato por equipos, balance da USC no Campionato de España Universitario de loita

Ademais do subcambionato para o equipo masculino, a delegación compostelá alcanzaou un total de catro medallas de prata e dous quintos postos
Ademais do subcambionato para o equipo masculino, a delegación compostelá alcanzaou un total de catro medallas de prata e dous quintos postos

O equipo masculino de loita do Club universitario da USC acaba de proclamarse subcampión de España, ao que se suman as catro medallas colectadas na modalidade individual pola delegación compostelá que acudiu ao Campionato de España Universitario disputado esta fin de semana pasada en Xaén.

Ademais da segunda posición alcanzada por equipos, alcanzaron as súas respectivas medallas de prata David Seijo Penas (80 kg), Iván González Muñiz (70 kg), Francisco Monasterio Portela (130 kg) e Judit Varela Penas (76 kg). Tamén destacan os resultados de Alexandre Freire Rodríguez (62) e Omar Rodríguez Martínez (80 kg) que ascenderon ata a quinta posición nos seus respectivos combates.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.05.2018.