Ir o contido principal

Medio cento de alumnos matriculados no IV Ciclo da USC en Ribeira

Esther Olveira no acto de apertura
Esther Olveira no acto de apertura
“Este ciclo, dirixido a maiores de 50 anos, brinda aos participantes a oportunidade de aprender de profesorado e conferenciantes altamente calificados así como de explorar novos intereses e manterse actualizados e distintas areas de coñecemento”, explicaron no acto de apertura
Santiago de Compostela

A directora do Programa Universitario de Maiores IV Ciclo da USC, Mª Esther Olveira, a concelleira de Educación do Concello de Ribeira, Cruz Rivadulla Márquez e a profesora de Literatura Galega Contemporánea da USC Ánxela Rodríguez, acaban de inaugurar un novo curso do IV Ciclo da USC no Centro Cultural Lustres Rivas.

A oferta académica deste curso, no que se matricularon un total de 50 alumnos e alumnas, é de Literatura Española Contemporánea, O Camiño de Santiago, Historia da Arte en Compostela, Aspectos Básicos da Calidade de Vida, Medicamentos e Comunicación Xornalística.

“Este ciclo, dirixido a maiores de 50 anos, brinda aos participantes a oportunidade de aprender de profesorado e conferenciantes altamente calificados así como de explorar novos intereses e manterse actualizados e distintas areas de coñecemento”, explicaron no acto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.10.2023.