Ir o contido principal

Máis dun cento de tenistas enfróntanse ata o domingo no sexto Torneo de Reis de Tenis da USC

Un total de 105 deportistas participan estes días na sexta edición do Torneo de Reis de Tenis da Universidade de Santiago de Compostela. Nas pistas de Campus Vida sucédense ata o día 5 máis de cen encontros nun total de seis categorías. A competición articúlase nas categorías de mixto (de 7 a 10 anos e de 11 a 14 anos), masculino (15 a 17 anos), masculino de escola (máis de 18 anos), feminino (máis de 18 anos) e masculino absoluto de competición. A disputa dos encontros realizarase a través de eliminatorias ao/á mellor de 3 sets. A xornada de clausura terá lugar este domingo 5 ás 14.00 horas nun acto no que participará o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.01.2014.