Ir o contido principal

Máis dun cento de tenistas enfróntanse no quinto Torneo de Reis de Tenis da USC

As finais do Torneo disputaranse o sábado próximo
As finais do Torneo disputaranse o sábado próximo

A quinta edición do Torneo de Reis de Tenis que organizan a Fundación USC Deportiva e o Servizo de Deportes abriu o ano deportivo na institución académica compostelá, coa participación de 106 tenistas inscritos. A competición articúlase nas categorías de minitenis (7-10 anos) e tenis de (11-14 anos), ambas as dúas mixtas, ademais dunha categoría masculina de 15 a 17 e outras dúas categorías sénior masculinas (iniciación e competición), así como unha única de sénior feminina. A xornada inaugural iniciouse este mércores 2 de xaneiro coa disputa dos partidos da modalidade de minitenis, e que continuará coas confrontacións das restantes categorías ata o sábado 5. As finais disputaranse o sábado a partir das 10.00 horas. A entrega de premios celebrarase nas pistas de tenis da USC o sábado ás 13.30 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.01.2013.