Máis dun cento de tenistas enfróntanse no sexto Torneo de Reis de Tenis da USC
Un total de 105 deportistas enfrontaranse entre os días 2 e 5 de xaneiro na sexta edición do Torneo de Reis de Tenis da Universidade de Santiago de Compostela. Nas pistas de Campus Vida, sucederanse máis de cen encontros nun total de seis categorías. A competición articúlase nas categorías de mixto (de 7 a 10 anos e de 11 a 14 anos), masculino (15 a 17 anos), masculino de escola (máis de 18 anos), feminino (máis de 18 anos) e masculino absoluto de competición. A disputa dos encontros realizarase a través de eliminatorias ao/á mellor de 3 sets. A xornada inaugural celebrarase o xoves 2 de xaneiro a partir das 9.30 horas en tres pistas simultáneas, nas que continuará a competición ata o sábado 5, día reservado para as finais nas distinta categorías e entrega de premios. As persoas interesadas poden atopar máis información na web do servizo de Deportes.