Ir o contido principal

O Centro Documental para a Vida Independente da USC solicita a adhesión á Declaración Mundial de contribución das persoas con diversidade funcional a unha Cultura de Paz

A Vicerreitoría da Comunidade Universitaria e Compromiso Social, a través do Servizo de Participación e Integración Universitaria, habilitou no web do Centro Documental para a Vida Independente (CEDOVI) da USC un sistema de adhesións á Declaración Mundial de contribución das persoas con diversidade funcional a unha Cultura de Paz.
A Declaración Mundial é unha das primeiras iniciativas desta área de traballo na que se denuncia a exclusión sistemática e permanente das persoas con diversidade funcional nas súas investigacións e actuacións. Así, desde a perspectiva dos Dereitos Humanos, da Convención Internacional da ONU, xunto coa Filosofía do movemento mundial de Vida Independente, reclámase que se traballe por unha Cultura de Paz emancipatoria e inclusiva.
Para os responsables da USC, as mulleres e homes, con ou sen diversidade funcional, deben recibir formación en Educación para a Paz e Educación en Dereitos Humanos, a fin de poder converterse en construtoras e construtores de Paz.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.03.2010.