Ir o contido principal

O Centro de Estudos Avanzados avalía a presenza española no exterior

O Centro de Estudos Avanzados avalía a presenza española no exterior
O Centro de Estudos Avanzados avalía a presenza española no exterior
O congreso estase a celebrar xoves e venres na USC

¿Que imaxe ten España no exterior?, ¿Son efectivas as políticas públicas a favor dos españois no exterior? Estas son algunhas das cuestións ás que se trata de responder durante as xornadas deste xoves 3 e venres 4 no seminario ‘Presenza española no exterior’ organizado polo Centro de Estudos Avanzados (Cea). Á apertura do congreso, este xoves 3, asistiron o reitor da USC, Juan Casares; a Secretaria de Estado de Emigración e Inmigración, Anna Terrón; a director xeral de Cidadanía Española no Exterior, Pilar Pin e a directora do Centro de Estudos Avanzados, María Xosé Rodríguez Galdo. O programa deste xoves inclúe unha análise sociodemográfica e das expectativas de retorno da cidadanía española no exterior polo equipo de investigación Ridhem/Cepam. Esta xornada péchase cunha mesa redonda sobre a ‘A imaxe de España no exterior. Axentes económicos e de economía social’, que coordina a Decana Ciencias Económicas e Empresariais, Emilia Vázquez Rozas; e contará coa presenza de Embaixador en Misión Especial para o Golfo Pérsico, Dámaso de Lario, e o Secretario Xeral de FEEX; Real Instituto ELCANO, Sr. D. Miguel Ángel Vida. Por outra banda, o programa do venres 4 comeza coa ás 10:00 horas presentación e avaliación das políticas públicas a favor dos españois no exterior por parte da directora xeral de Cidadanía Española no Exterior. Pola súa banda, a directora do Instituto da Muller, Laura Seara; a subdirectora do Injuve, Ana Martínez; a secretaria xeral do Instituto Cervantes, Carmen Pérez-Fragero e a vicerreitora de Internacionalización e Cooperación da Uned, Teresa Aguado debaterán sobre a presenza exterior das institucións públicas españolas. O seminario conclúe cunha mesa redonda sobre a ‘USC e a proxección exterior’, coordinada polo vicerreitor de Estudantes e Formación Continua da USC, Francisco Durán. Neste debate participan a directora do Centro Interdisciplinario de Estudos Americanistas “Gumersindo Busto”, Pilar Cagiao Vila; o responsable do Centro de Estudos Eurorrexionais CEER-USC, Carlos Ferrás Sexto; e os profesores da universidade compostelá Luís Caramés, Manuel González, Mª Carmen Guisán, Carlos Hernández Sande, Julio Hernández Borge e Javier Lete Achirica.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.02.2011.