Ir o contido principal

O Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC lidera en España un programa europeo sobre asesoramento financeiro para consumidores

O Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC (CEDE) lidera en España unha iniciativa de alcance europea para desenvolver un programa formativo en cada un dos estados membro da Unión Europea sobre asesoramento financeiro para consumidores. Participan no proxecto formadores da OCU, da Comisión Nacional do Mercado de Valores así como de diversas universidades, entre elas Alcalá, Complutense ou Valladolid, ademais da USC. O Programa de Asesoramento Financeiro para Consumidores ‘ConFinAid’ foi deseñado para a Comisión Europea pola Federación Europea de Asociacións de Consumidores (BEUC) e o Instituto de Servizos Financeiros adscrito á Universidade de Hamburgo. Tras a súa presentación en Madrid polo director da Representación da Comisión Europea en España, o Profesor Francisco Fonseca, e por persoal do CEDE da USC diante das principais asociacións e organizacións sen animo de lucro que se dedican ao asesoramento financiero, preparase agora o período de desenvolvemento en Galicia. ConFinAid céntrase na análise multidisciplinar do comportamento do/a consumidor/a, o papel dos/as asesores/as financeiros, os produtos híbridos comercializados como aforro (preferentes, hipotecas, ...), a necesidade de traballo en rede a prol da protección dos máis débiles e o papel da UE na procura de solución técnicas académicas e prácticas para mellorar o asesoramento de balde e independente dos/as consumidores/as, a educación financeira (dende a escola e tamén na Universidade) e o marco regulador e supervisor dos Servizos financeiros vendidos aos consumidores europeos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.07.2013.