Ir o contido principal

O Centro de Linguas Modernas abre a matrícula de inglés, francés, alemán e italiano para o PAS

O Centro de Linguas Modernas da USC convoca a matrícula nos seus cursos de inglés, francés, alemán e italiano para o colectivo de PAS da USC. As persoas que realizaron a proba de nivelación o 20 de setembro teñen de prazo ata o día 30. A segunda proba de nivelación será o vindeiro día 28 e quen se presente disporá para matricularse ata o día 5 de outubro. Quen cursase estudos o curso pasado e teñen o nivel asignado poden matricularse xa directamente a través da páxina http://www.usc.es/gl/servizos/clm/. Para máis información poden poñerse en contacto coa extensión 11757 ou no correo electrónico: clm [at] usc.es (clm[at]usc[dot]es).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.09.2011.