O Centro de Linguas Modernas amplía o prazo de matrícula ata o 8 de outubro
O Centro de Linguas Modernas da USC amplía ata o 8 de outubro o prazo de matrícula para os cursos de idiomas nos dous campus. En Santiago están previstos cursos cuadrimestrais de 40 horas de catalán, checo, chinés, danés, portugués, ruso, xaponés e lingua de signos, e en Lugo de signos e de inglés. Os cursos anuais de 80 horas de alemán, francés e inglés serán impartidos en ambos os dous campus, ofertándose tamén italiano en Compostela. Ademais, a Universidade de Santiago é centro examinador oficial de varios idiomas, para o que organiza cursos de preparación de chinés (só en Santiago) e de galego para non galegofalantes e español como lingua estranxeira (ELE) nos dous campus. Matrícula e requisitos
O único requisito para tomar parte nestes programas é ter 16 anos de idade. A matrícula pode realizarse directamente en liña en todos os cursos de iniciación ou nos demais cursos se xa se estudou no CLM o ano pasado ou se realizou a proba de nivel (haberá outra proba de francés o 2 de outubro).