Ir o contido principal

O Centro de Linguas Modernas colabora no ciclo de cinema checo ao aire libre do CGAC

Fotograma da película 'Hoří, má panenko!' de Milos Forman
Fotograma da película 'Hoří, má panenko!' de Milos Forman

O cinema checo será nas noites dos mércores e os xoves do mes de xullo o protagonista dun ciclo de cinema ao aire libre no CGAC organizado en colaboración co Centro de Linguas Modernas da USC e o Centro Checo en Madrid, e baixo a dirección de María Villamarín. Todas as sesión, de entrada libre e de balde, terán lugar ás 22.30 horas.

O programa contempla sete películas, vinculadas na súa maioría ao movemento da Nová vlná ‘a Nova Onda Checa’, dirixidas polos grandes directores checos Miloš Forman, Jiří Menzel, Jiří Weiss, Karel Zeman, Karel Kachyňa, Ivan Passer e Věra Chytilová.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.07.2016.