Ir o contido principal

O Centro de Linguas Modernas inicia a organización das probas de acreditación de competencia lingüística do nivel B2

O Centro de Linguas Modernas inicia a organización das probas de acreditación de competencia lingüística do nivel B2
O Centro de Linguas Modernas inicia a organización das probas de acreditación de competencia lingüística do nivel B2
Está previsto avaliar un total de cinco idiomas, alemán, francés, inglés, italiano e portugués

Como novidade para o segundo semestre, o Centro de Linguas Modernas (CLM) organiza por vez primeira probas de acreditación de competencia lingüística do nivel B2 segundo o Marco Europeo Común de Referencia para as linguas (MECR). Estas previstas probas para un total de cinco idiomas, alemán, francés, inglés, italiano e portugués no Campus de Santiago e de inglés, francés e alemán no de Lugo. É unha convocatoria principalmente dirixida ao alumnado que solicita unha bolsa do Ministerio no marco do programa Erasmus e as prazas son limitadas. Para acreditar o nivel de competencia B2, o alumnado deberá superar as dúas partes que conforman a proba, un exame escrito e outro oral, ambos claramente diferenciados, independentes e que se realizarán en días distintos, sendo requisito indispensable ter superado o escrito para acceder ao oral. A primeira proba avalía destrezas de comprensión escrita e auditiva, así como a expresión e interacción escrita. A súa duración non excederá os 150 minutos e poderá contar cunha pausa de 15 minutos. A segunda parte centrarase na expresión e interacción oral nun exame que non excederá os 20 minutos. O CLM actualizará periodicamente, tanto na súa web como no seu perfil de Facebook, a información relativa ás probas do nivel B2 así como as dos nivel B1. As persoas interesadas nestas convocatorias ou na oferta docente do Centro de Linguas Modernas poden dirixirse ao enderezo clm [at] usc.es (clm[at]usc[dot]es) ou telefonicamente ao número 881 814 443 (de 11.30 a 14.00 horas de luns a venres na Casa dos Catedráticos).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.01.2015.