Ir o contido principal

O Centro de Linguas Modernas mantén abertos varios prazos para os seus cursos de idiomas e probas de nivel

O Centro de Linguas Modernas mantén abertos varios prazos para os seus cursos de idiomas e probas de nivel
O Centro de Linguas Modernas mantén abertos varios prazos para os seus cursos de idiomas e probas de nivel

O Centro de Linguas Modernas abriu esta semana os prazos de inscrición para varias probas de nivel e a matrícula para os seus cursos de idiomas. A matrícula para os cursos semestrais e anuais de idiomas dirixidos tanto á comunidade universitaria da USC coma a persoas externas permanecerá aberta ata o 26 de setembro. A inscrición nas probas de nivel deberá formalizarse antes do 17 de setembro. Nos dous campus ofrécense cursos regulares anuais de alemán, francés e inglés, e italiano a maiores no de Compostela. Xa a oferta de cursos semestrais contempla chinés, inglés, lingua de signos, portugués e galego para non galegofalantes, aos que en Santiago hai que sumarlle ademais alemán, árabe, catalán, checo, danés, francés, italiano, ruso e xaponés. ELE e probas B1 Quen desexe matricularse nos cursos de Español como Lingua Estranxeira (ELE) deberá inscribirse previamente, con data límite o 20 de agosto, na proba de nivel que terá lugar o 21 dese mes. Ademais, o 29 de xullo comezará a matrícula nas probas B1 de mobilidade e acreditación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.07.2014.