Ir o contido principal

O Centro de Linguas Modernas organiza durante o mes de xullo cursos intensivos para estudantes cunha bolsas Erasmus para o vindeiro curso

O Centro de Linguas Modernas (CLM) organizar no campus de Santiago cursos de inglés (niveis intermedio e avanzado), francés, alemán, italiano e portugués dirixidos especialmente a alumnos cunha bolsa Sócrates-Erasmus para o curso 2009-2010, e tamén a todas aquelas persoas interesadas maiores de 16 anos. Estes cursos de 40 horas celebraránse do 13 ao 24 de xullo. No campus de Lugo, os idiomas ofertados son inglés, francés, alemán, checo, italiano e portugués coas mesmas características.
Ademais dos devanditos cursos, no campus de Santiago ofértanse tamén outros de árabe, bengalí, chinés, grego moderno, catalán, polaco, ruso e xaponés, que tamén se celebrarán nestas mesmas datas e cunha idéntica duración. Estes últimos poderán validarse por créditos de libre configuración.
O prezo da matrícula é de 150 euros para membros da USC e de 175 euros para aquelas persoas alleás á USC. A matrícula realizarase a través da páxina web

http://matricula.usc.es/Cursos/CLM/Default_veran.asp ou excepcionalmente de xeito presencial no Negociado do propio CLM, antes do día 9 de xullo.
Para os cursos de inglés do campus de Santiago, e co fin de clasificar aos alumnos, o día 7 de xullo realizarase unha proba de nivel ás 10:00 horas nas aulas B, C e D da Facultade de Filoloxía.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.06.2009.