O Centro de Linguas Modernas da USC desenvolve en xuño unha proba piloto do exame internacional de alemán BULATS
A sección de Alemán do Centro de Linguas Modernas da USC desenvolverá o 20 de xuño unha proba piloto do exame internacional BULATS (Business Language Testing Service) dirixida a persoas con coñecementos de elemental alto ou superior (A2-C2). O exame, creado polo Goethe-Institut en colaboración coa Association of Language Testers of Europe, avalía de modo progresivo a competencia lingüística nunha lingua estranxeira. A participación nesta proba piloto, malia o seu enfoque ao mundo dos negocios, é unha moi boa oportunidade para obter unha avaliación persoal do nivel de alemán emitida pola máxima autoridade europea en cualificación de coñecementos lingüísticos. A inscrición na proba deberá realizarase antes do 16 de maio, enviando un correo co asunto BULATS a clmgoethe [at] usc.es (clmgoethe[at]usc[dot]es).