Ir o contido principal

O Centro de Linguas Modernas da USC presenta a súa oferta formativa e o proceso de matrícula

Este ano incorpora por vez primeira durante o curso a aprendizaxe de lingua de signos

O Centro de Linguas Modernas (CLM) da Universidade de Santiago de Compostela abriu este luns 3 a matrícula do seu programa de cursos para o ano que comeza. As linguas ofertadas, as modalidades de cursos e o proceso de matrícula explicaranas en rolda de prensa este martes 4, ás 11.00 horas na Sala de Prensa, o vicerreitor de Relacións Exteriores e Internacionalización, Victor Millet; e a directora do CLM, Katerina Vlasakova Este ano por vez primeira incorpórase a lingua de signos na oferta académica habitual do CLM, polo que tamén asistirá á presentación para os medios de comunicación a profesora destes cursos, Irene Rivas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.09.2012.