Ir o contido principal

O I Certame Nacional de Charlas Motivacionais celebrarase en Ciencias Políticas a finais de febreiro

O I Certame Nacional de Charlas Motivacionais celebraranse os días 27 e 28 na Facultade de Ciencias Políticas co lema ‘Transmito, logo ¡existo!’ e organizadas polo Club de DebateCompostela e as asociación AISEC e Grupo Oddball. De inscrición gratuíta e temática libre, cada participante disporá de 12 minutos para convencer ao público e ao xurado demostrando as súas dotes de oratorio motivacional. Nas súas presentacións poderán valerse de materiais adicionais como música, instrumentos ou presentacións. O Certamen organizarase en diferentes fases con distintos xurados todos eles expertos/as oradores/as. As persoas interesadas poden solicitar máis información no correo grupooddball [at] gmail.com (grupooddball[at]gmail[dot]com).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.02.2015.