Ir o contido principal

O CeTA coordina unhas xornadas sobre o uso das novas tecnoloxías na docencia

A Vicerreitoría de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior a través da coordinación do Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA) organiza este mércores 23 no Salón de Actos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais a I Xornada de ‘Tecnoloxía na Aula: avanzando cara o EEES’.
O programa, que conta coa colaboración de Pronor Ingenieros, comezará ás 16:00 horas para analizar o uso da pizarra dixital na docencia universitaria, ao lle seguirá unha explicación sobre as posibilidades que ofrece o tablet PC tanto para alumnos como para profesores. A derradeira das intervencións estará orientada cara a votación electrónica como ferramenta docente. A xornada clausurarase coa celebración dunha mesa redonda.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.04.2008.