O CETUR e a UIMP reflexionarán sobre o potencial turístico do patrimonio industrial
O Centro de Estudos e Investigacións Turísticas (CETUR) da USC e a Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) organizan o encontro ‘Patrimonio industrial y turismo’ entre os días 18 e 20 de xullo en Ferrol. É unha proposta formativa orientada ao sector turístico co obxecto de poñer en valor o patrimonio industrial, marcas as liñas de conexión entre o patrimonio industrial e as políticas de promoción e desenvolvemento turístico. O programa porá énfase na necesidade da cooperación internacional e compartir experiencias e prácticas doutros países. Este encontro diríxese a estudantes de Turismo, axentes privados do sector turístico e responsables públicos neste ámbito así como no da cultura. As intervencións dos tres días programados estarán articuladas arredor doutros tantos bloque temáticos sobre Cerámica industrial e minería; Patrimonio militar, industrial e naval; e industria alimentaria.