Charla no CHUS do doutor Enrique Domínguez
O doutor Enrique Domínguez, do Servizo Dixestivo do Centro Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS), explicará este venres, día 11, nunha charla o seu traballo na base xenética da pancreatite crónica.
A intervención do doutor Domínguez, organizada polo Grupo de Medicina Xenómica da USC, terá lugar a partir das 13:00 horas na Aula 2 do CHUS.