Ir o contido principal

Charla-coloquio do director da división internacional de Sacyr sobre a ampliación do Canal de Panamá

O director da División Internacional de Sacyr, José Manuel Loureda López, ofrece este mércores 11 unha charla, con coloquio posterior, sobre a ampliación do Canal de Panamá.

Organizada pola Cátedra Bolívar da USC, a intervención terá lugar ás 12.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.07.2012.