Charla sobre o ébola para estudantes de Enfermaría
O catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC Juan Jesús Gestal Otero ofrecerá este xoves 16 unha charla sobre o ébola dirixida a estudantes de Enfermaría. Será ás 18.30 horas no Salón de Actos do Pavillón Docente Roberto Novoa Santos. Gestal Otero é decano da Facultade de Medicina da USC e xefe do Servizo de Medicina Preventiva do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Ademais, é académico numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e correspondente da Academia Nacional de Medicina de Bonos Aires e da Academia de Medicina de Paraguai. As súas responsabilidades á fronte de diferentes cargos relacionados coa saúde pública en Galicia –foi xefe de Inspección de Sanidade e Saúde da Coruña e director xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia, entre outros cargos– leváronlle a participar e mesmo responsabilizarse do control dalgunhas das máis importantes epidemias e abrochos toxiinfecciosos acontecidos en Galicia ao longo da historia máis recente (cólera, mitilotoxismo, Meninxite C...).