Charla en Económicas sobre as oportunidades para Galicia no Plan Juncker
A representante da Comisión Europea para España, Ann Westman, explicará este mércores 4 en Ciencias Económicas as oportunidades para Galicia no Plan Juncker de investimentos para Europa.
A charla, que terá lugar ás 17.00 horas na aula 22 da Facultade e na fará a presentación o profesor Xavier Vence, está organizada no marco do Máster DEIN desde o grupo de investigación ICEDE e coa colaboración do Centro de Documentación Europea da USC.