Ir o contido principal

Charla en Matemáticas sobre condución, manexo e arranxo de bicis

A Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC está a promover o uso da bicicleta con diversas accións e actividades, por ser un medio de transporte ecolóxico, cómodo e unha alternativa saudable para moverse na cidade.
Unha destas accións será a charla que Xan Duro, membro de Verdegaia, impartirá este mércores 14 ás 19:30 horas no Salón de Graos da Facultade de Matemáticas. Na súa intervención explicará cuestións prácticas arredor das bicis como a súa condución, manexo e arranxo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.05.2008.