Ir o contido principal

Chegan ao Campus de Lugo 95 estudantes brasileiros para cursar estudos na Escola Politécnica Superior e na Facultade de Ciencias

Trátase dun grupo de alumnos procedentes de 45 universidades do país suramericano e pertencentes ao programa ‘Ciência sem Fronteiras’

O venres 7 de setembro ás 10.00 horas celebrarase no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Lugo a recepción oficial dos 95 alumnos procedentes de 45 universidades brasileiras que este ano van cursar estudos na USC, no marco do programa Ciência sem Fronteiras. Neste acto de benvida participan o vicerreitor de Relacións Exteriores e Internacionalización, Víctor Millet; o vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus Lugo, Pedro García Herradón; o director da Escola Politécnica, Javier Bueno Lema; e o decano da Facultade de Ciencias, José Manuel Martínez Ageitos. Estes dous centros serán os que acollan nas súas aulas o grupo de participantes neste programa. A continuación do acto de benvida, o persoal do Servizo de Relacións Exteriores de Lugo levará a cabo cos estudantes unha sesión técnica de información na que se lles explicarán os principais mecanismos de integración académica na USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.09.2012.