O ciclo de charlas do Grupo de Posgraduados da Facultade de Física achégase á física de partículas
O ciclo de charlas do Grupo de posgraduados da Facultade de Física (DOC-MEET) organiza este mércores 9 unha nova sesión coa intervención do investigador predoutoral Hao Ma, do Grupo de Fenomenoloxía do Departamento de Física de Partículas e do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE). Co título ‘Some basic stuff of particle physics and what I am doing’, Hao Ma ofrecerá unhas nocións básicas sobre física de partículas ao alcance de todas as persoas interesadas, mostrando unha parte do traballo que está a desenvolver para o seu doutoramento. A sesión comezará ás 18:00 horas na Aula 830 da Facultade de Física.