Ir o contido principal

Ciclo de cine no Paraninfo sobre a revolución rusa

Ciclo de cine no Paraninfo sobre a revolución rusa
Ciclo de cine no Paraninfo sobre a revolución rusa

Os grupos de investigación da USC SÍNCRISIS, HISTAGRA (BETA +) e Historia do Cine organizan un ciclo de conferencias e proxeccións de cine sobre a revolución rusa agora que se compren 100 anos do proceso.

O ciclo ‘Centenario da(s) revolución(s) rusa. Un debate histórico’, a desenvolver entre o 18 de outubro e o 29 de novembro, diríxese a alumnado de historia, profesores de ensino secundario e público en xeral. Comezará co filme ‘O acorazado Potemkim’ e un debate coordinado polos historiadores Marco V. García Quintela e Lourenzo Fernández Prieto.

Serán seis sesións de tres horas de duración no Paraninfo das Universidade –nas tardes dos mércores a partir das 19.00 horas– co audiovisual e o debate como liñas esenciais e pensadas para profesionais do ensino en ciencias sociais, cun coñecemento previo amplo.

Quen desexe participar debe inscribirse previamente no correo electrónico departamento.historia [at] usc.es (departamento[dot]historia[at]usc[dot]es).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.10.2017.