Ir o contido principal

O ciclo de concertos Lubicán 2012 achega a Lugo o funk de Cats and Monkeys

Concerto do grupo lugués de funk Cats and Monkeys, que actuará o xoves 21 no auditorio Gustavo Freire de Lugo dentro do ciclo Lubicán 2012
Concerto do grupo lugués de funk Cats and Monkeys, que actuará o xoves 21 no auditorio Gustavo Freire de Lugo dentro do ciclo Lubicán 2012

O ciclo de concertos Lubicán, pertencente á oferta de actividades do programa Lugo Cultural 2012 e organizado pola Área de Cultura da USC no Campus de Lugo, achega desta volta unha actuación do grupo Cats and Monkeys. A cita é o xoves 21, a partir das 20.30 horas, na auditorio Gustavo Freire da capital lucense. O groove e a musicalidade son o vínculo de unión deste grupo lugués, no que o soul, o jazz e, sobre todo, o funk en todas as súas variantes son o motor dunha atractiva posta en escena que convida os espectadores a bailar durante todo o espectáculo. Cats and Monkeys reúne músicos procedentes de diversas formacións, como Ocean's Guarden, The Groovefathers, Tiene Jazz Men, Color Café ou Mr. Feelgood Soul Band, entre otras. Actualmente o grupo está conformado por Adrián Castiñeira (teclados), Adrián Lage (trompeta), Borja García (batería), Iván Reija (guitarra), Javi Fernández (saxo tenor), No González (voz e frauta), Nuno André (percusión), Óscar Liz (baixo), Saulo Sause (guitarra) e Toño Otero (saxo tenor), que no seu directo amosan as influencias musicais de artistas como Maceo Parker, Average White Band, Incognito, Wild Cherry, Stevie Wonder, Funky Brotherhood, St. Germain ou Lyn Collins. O ciclo de concertos Lubicán remata o 15 de novembro cun último recital a cargo de Malvela. Todas as actividades do programa Lugo Cultural 2012 son de acceso libre ata completar a capacidade da sala.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.06.2012.