Ir o contido principal

Un ciclo de conferencias poñerá o foco nos vínculos entre ciencia, cultura e relixión

Cartel do relatorio
Cartel do relatorio
O relatorio inaugural terá lugar o vindeiro mércores 23 de febreiro e correrá a cargo do neurobiólogo Ramón María Nogués
Santiago de Compostela

O neurobiólogo e profesor emérito da Universidade Autónoma de Barcelona, Ramón María Nogués, será o encargado de pronunciar o relatorio inaugural do ciclo de conferencias que abordarán o vínculo entre ciencia, cultura e relixión, iniciativa en cuxo impulso toma parte, entre outros, o profesor emérito da USC e ex reitor, Carlos Pajares.

O relatorio celebrarase o vindeiro mércores 23 de febreiro na sede Afundación de Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 19), a partir das 19.30 horas. A conferencia leva por título ‘Cerebro, mente e espírito’ e agárdase que sexa a primeira dunha serie de relatorios que se desenvolverán cunha periodicidade mensual.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.02.2022.