O ciclo de música Formacións de Cámara da Real Filharmonía de Galicia trasládase ao Paraninfo da Universidade
A Vicerreitoría de Cultura reinicia este martes 22 o ciclo de música Formacións de Cámara da Real Filharmonía de Galicia, que se traslada neste tramo de inverno ao Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia). A entrada é libre até completar o aforo.
Neste primeiro concerto do ano, que terá lugar ás 20:30 horas, o cuarteto formado por Nikolai Velikov (violín), Irina Gruia (violín), Nicoleta Ciobotaru (viola) e Thomas Piel (violoncello) interpretará pezas de Mozart.
Segundo recital o mércoresO segundo recital terá lugar este mércores 23, tamén ás 20:30 horas no Paraninfo da Universidade, co cuarteto de trompas ‘Filhastrompía’ integrado por Jordi Ortega, Xavier Ramón, Alfredo Varela e Martín Naveira, que ofrecerá un variado programa con pezas de Rossini, Korsakov, Doppler, Telemann, Bozza e Monti, entre outros.