Ir o contido principal

Ciencias da cultura, mediación e xestión, centran unha xornada profesional na Facultade de Humanidades

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada
Carme Silva e Isabel González Rey abren este xoves, ás 10.00 horas, un foro monográfico sobre ciencias da cultura

A vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva, e a decana da Facultade de Humanidades de Lugo, María Isabel González Rey, inauguran este xoves 12 de novembro, ás 10.00 horas, unha xornada en mediación e xestión cultural organizada pola Aula Profesional de Cultura do devandito centro universitario que leva por título ‘Qué debemos coñecer da cultura?’.

A importancia do saber humanístico para a industria cultural, as ciencias humanas como alternativa para enfrontar a realidade, o uso das TIC na difusión do patrimonio cultural, os criterios para o deseño de produtos culturais atractivos, a función dos guías turísticos como mediadores culturais, a xestión cultural na actualidade, o prestixio do audiovisual galego e a suficiencia ou falta de información no eido profesional das ciencias da cultura constitúen algúns dos temas sobre os que afondarán os distintos relatores convidados a participar nesta xornada, que se desenvolverá en quenda de mañá e tarde.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.11.2015.