Ciencias Económicas conmemora a festividade do seu patrón
Ciencias Económicas e Empresariais conmemora este mércores 11 a festividade de San Vicente Ferrer, patrono deste centro compostelán cun acto académico que presidirá a vicerreitora de Economía e Infraestruturas, Sara Cantorna, a partir das 12.00 horas no Salón de Graos da Facultade. Xunto a ela intervirán a decana Emilia Vázquez Rozas e o profesor Ceferino Díaz cunha conferencia sobre os últimos acontecementos da vida económica. Logo da intervención da decana, o acto inclúe a entrega dos premios extraordinarios de licenciatura correspondentes ao pasado curso 2010-2011, os premios á Calidade Lingüística dos Traballos Académicos e os Premios Fulget 2011 á empresa Galchimia. O profesor do Departamento de Economía Aplicada Ceferino Díaz porá o broche á xornada cunha conferencia que trazará un percorrido pola súa vida no centro, ao que accede como integrante da primeira promoción dos estudos da Licenciatura en Economía. Ademais fará unha análise e ofrecerá a súa visión global sobre os máis recentes acontecementos económicos, achegando a súa propia experiencia ao respecto pola súa condición de deputado nas Cortes Xerais nos últimos doce anos.