Ir o contido principal

Ciencias da Educación celebrou o seu patrón en Fonseca

Ao acto en Fonseca acudiron estudantes, docentes e traballadores do centro
Ao acto en Fonseca acudiron estudantes, docentes e traballadores do centro

A Facultade de Ciencias da Educación celebrou este luns no Colexio de Fonseca o acto académico do seu patrón, frei Martín Sarmiento, que estivo presidido polo seu decano, Lois Ferradás.
‘A lingua galega na encrucillada’ foi o título da conferencia que o catedrático Manuel González González pronunciou no Salón Nobre e tras a que tivo lugar a entrega de diplomas dos Premios Extraordinarios de Doutoramento, Licenciatura e Diplomatura, e dos Premios á Calidade Lingüística.
No mesmo acto tivo lugar a entrega do ‘Sarmiento de Honra’ aos docentes Aurora Marco e Carlos Rosales.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.03.2010.