Ir o contido principal

Ciencias da Educación conmemorou a festividade do seu patrón Padre Sarmiento

O acto celebrouse no Salón de Graos do Colexio de Fonseca
O acto celebrouse no Salón de Graos do Colexio de Fonseca

A Facultade de Ciencias da Educación celebrou este venres 11 a festividade do seu patrón, Padre Sarmiento, nunha sesión que presidiu o vicerreitor de Estudantes e Formación Continua, Francisco Durán, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. A sesión comezou coa conferencia do catedrático da Universidade de Salamanca Félix López Sánchez titulada ‘Necesidades na infancia e na adolescencia: resposta familiar, escolar e comunitaria’ e continuará coa entrega de diplomas aos premios Extraordinarios de Doutoramento, Licenciatura e Diplomatura de titulacións afíns a este centro compostelán. O acto proseguiu coa entrega dos Premios á Calidade Lingüística concedidos aos estudantes do centro que presentaron os seus traballos académicos á convocatoria do pasado ano. Continuando coa sesión, a profesora Regina González e os profesores Xulio Rodríguez e José R. Alberte recibiron o Sarmiento de Honra, en recoñecemento á súa traxectoria académica no eido das Ciencias da Educación. Presidiu a xornada o vicerreitor Francisco Durán

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.03.2011.