Ir o contido principal

Ciencias Políticas homenaxeou a José Vilas Nogueira

O homenaxeado recibiu múltiples mostras de agarimo dos seus compañeiros no centro
O homenaxeado recibiu múltiples mostras de agarimo dos seus compañeiros no centro
Unha aula do centro pasa a chamarse como o catedrático

Con motivo da xubilación do catedrático do Departamento de Ciencia Política e da Administración José Vilas Nogueira os docentes, alumnos e persoal de administración e servizos da Facultade de Ciencias Políticas rendéronlle este mércores unha homenaxe.
O acto comezou cunha laudatio do homenaxeado a cargo de Guillermo Márquez Cruz e continuou cunha conferencia do propio profesor Vilas na que disertou sobre o significado actual da democracia. Na mesma xornada descubriuse unha placa que de agora en adiante lle outorga á aula 0.2 da Facultade o nome do profesor Vilas Nogueira.
Vilas NogueiraJosé Vilas Nogueira (Vigo, 1936) licenciouse en Dereito para acadar máis tarde a Cátedra de Ciencia Política da Universidade de Santiago, onde dirixiu o Departamento de Teoría do Estado e, como decano, as Facultades de Ciencias Económicas (1984-1986) e de Ciencias Políticas (1991-1996).
Entre as súas numerosas obras destacan O Estatuto Galego. A Coruña; Las elecciones en Galicia, 1976-1991; O Sistema Político Galego; Introducción a la Ciencia Política; Las organizaciones de partido; Las ideologías en la Constitución; Administraciones Públicas y Constitución; e Gobierno y Administración en las CC.AA.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.03.2009.