Ir o contido principal

O CiQUS ofrece dez contratos a tempo parcial para estudantes de máster

O CiQUS da USC convoca a sexta edición do seu Programa de Inicio á Investigación , cunha oferta para este curso de dez contratos a tempo parcial destinados a estudantes que desenvolvan o seu traballo de fin de mestrado (TFM) baixo a dirección dun investigador adscrito ao centro.

As persoas seleccionadas recibirán asesoramento científico a través da súa participación activa nas liñas de traballo desenvolvidas por distintos grupos do CiQUS, entre as que se inclúen a síntese, o illamento, a caracterización ou o estudo experimental e teórico de compostos químicos, biomoléculas e materiais.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o venres 6 de outubro ás 14:00 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.09.2017.